Instrucións de admisión na FP en Galicia para o curso 2017/2018

PRAZOS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

 

  • Período ordinario: do 26 de xuño ao 4 de xullo de 2017
  • Período extraordinario: do 1 ao 8 de setembro de 2017

CALENDARIO OFICIAL DE ADMISIÓN PUBLICADO NA WEB DA CONSELLERÍA

Maís información ; http://www.edu.xunta.es/fp/

EDUMOTIVA NO CIFP RODOLFO UCHA

Prazas vacantes en probas libres. Curso 2016/2017

Publicadas a prazas vacantes de probas libres.

As persoas interesadas, que cumpran os requisitos de acceso indicados na Orde do 5 de abril de 2013, poderán matricularse en calquera dos módulos dos ciclos con prazas vacantes. O período de matrícula do curso 2016/2017 é do 23 ao 31 de maio de 2017 ás 13:00 horas. A matrícula realizarase por estrita orde de chegada.

Nas seguintes listaxes de prazas pódese consultar a dispoñibilidade de vacantes. Esta é unha listaxe dinámica cun tempo de actualización de 5 minutos.

Bolsa de emprego de técnico de turismo en Monfero

O Concello de Monfero está a elaborar unha bolsa de emprego na categoría técnico de turismo
Titulacións: Técnico superior en guía, información e asistencia turística ou equivalente, Técnico en empresas e actividades turísticas ou equivalente, Grao ou diplomatura en Turismo ou equivalente homologado, Grao ou licenciatura en Historia do Arte, Grao ou licenciatura en Humanidades, Grao ou Licenciatura en Xeografía e Ordenación do Territorio, Grao ou Licenciatura en Historia.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 2 de xuño de 2017.
Máis información no BOP da Coruña do 23 de maio de 2017 e en www.concellodemonfero.com

| Probas de acceso aos estudos de grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte

Do  09/05/2017 ata o  02/06/2017

Información:  http://inefg.udc.es

convocatoria 2017-2018 e reglamento

Matrícula anticipada para as ABAU 2017

                                                                                                                                                     2-26 maio (ata as 14.00h. do día 26) apertura do plazo de Matrícula anticipada para as ABAU 2017 AQUÍ

Convocatoria de matrícula na proba de Avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade -Convocatoria Ordinaria xuño 2017 VER

Ponderacións das materias da parte voluntaria da ABAU 2017 VER
(nota aclaratoria: Para o alumnado coa PAU superada no 2016, as materias a ponderar son aquelas que superou na Fase Específica de calquera das convocatorias da PAU-2016, segundo a Táboa de Ponderacións aprobada e publicada (DOG nº90 de 12/05/2016) para o acceso á universidade no curso 2016-2017; que para este alumnado ten validez tamén para o acceso 2017-2018).

Iniciativa Xove

É un programa da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado que consiste nunha liña de axudas pensada para que vós, os mozos e mozas, poidades desenvolver ideas que, transformadas en proxectos e iniciativas de interese, poidan reverter na mocidade actual e na nosa sociedade.

Poderedes participar de dous xeitos: a través de grupos informais de mozos/as ou ben dende as asociacións xuvenís e entidades legalmente constituídas.

O remate do prazo de presentación é o 26 de maio

Mais información

 

 

Esfuerza Verán 2017 Para Persoas Con Diversidade Funcional

 

 

ESFUERZA é un programa de Actividade Física Adaptada da Fundación María José Jove dirixido a persoas con diversidade funcional. É de carácter gratuíto e oferta 312 prazas. Desenvolverase ao longo do período estival.

Obxectivos:
1. Facilitar a integración e inclusión social das persoas con diversidade funcional.
2. Incrementar a participación das persoas con diversidade funcional nas actividades da súa comunidade.
3. Xerar hábitos saudables en colectivos potencialmente sedentarios.
4. Ofrecer a posibilidade da práctica continuada de actividade física.
5. Mellorar a autoestima persoal e calidade de vida a través da Actividade Física.
6. Favorecer o desenvolvemento da autonomía funcional.
7. Desenvolver habilidades de comunicación e relacionadas co traballo en grupo.

Quen pode participar?
Todas as actividades: adultos, mocidade e nenos a partir de 8 anos cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%

Mais información

GALEUROPA 2017

PROGRAMA DE MOBILIDADE TRANSNACIONAL XUVENIL GALEUROPA 2017

Galeuropa: Programa de mobilidade transnacional xuvenil, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e  Iniciativa de Emprego Xuvenil.
Obxectivo: Reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais.
Resultados: Mellora da formación e adquisición de experiencia para  a inserción laboral.

Convocatoria 2017

Táboas contías axudas

Información específica axudas individuais á xuventude (Procedemento BS324A)

Programa de formación sobre emprendemento sostible

Trátase dunha iniciativa posta en marchar dende a Área de Participación, Seguridade e Tráfico, Emprego, Normalización Lingüística e Promoción Económica do Concello de Ferrol que ofrece formación totalmente gratuíta para un total de 120 potenciais emprendedores do Concello de Ferrol.

 

Este proxecto, nace para estimular o espírito empresarial e a creación de empresas con conciencia sostible e se desenvolverá dende o mes de maio ata mes de decembro da presente anualidade

Datas e lugar de celebración

  • 1º OBRADOIRO DE MOTIVACIÓN PARA O EMPRENDEMENTO SOSTIBLE: Datas: 4 de maio Horario: 10:00 a 14:00 h.
  • 2º OBRADOIRO DE MOTIVACIÓN PARA O EMPRENDEMENTO SOSTIBLE: Datas: 8 de xuño Horario: 10:00 a 14:00 h.
  • CAMPUS DE EMPRENDEMENTO SOSTIBLE DE VIABILIDADE EMPRESARIAL CON CANVAS Datas: 19, 20, 21 e 22 de xuño Horario: 10:00 a 14:00 h*

*As accións formativas do campus, terán lugar de luns a mércores e o xoves realizarase a visita ás empresas durante todo o día.

Todas as accións formativas terán lugar no Centro Municipal de Emprego, sito na Rúa Sagrada Familia, nº 56.

A ficha de inscrición poderá presentarse persoalmente no Centro de Emprego, ou a través do email: emprego@ferrol.es

FICHA INSCRICIÓN

Mais información: https://www.ferrol.es/emprego/