Home » EMPREGO » Programa de formación sobre emprendemento sostible

Programa de formación sobre emprendemento sostible

Trátase dunha iniciativa posta en marchar dende a Área de Participación, Seguridade e Tráfico, Emprego, Normalización Lingüística e Promoción Económica do Concello de Ferrol que ofrece formación totalmente gratuíta para un total de 120 potenciais emprendedores do Concello de Ferrol.

 

Este proxecto, nace para estimular o espírito empresarial e a creación de empresas con conciencia sostible e se desenvolverá dende o mes de maio ata mes de decembro da presente anualidade

Datas e lugar de celebración

  • 1º OBRADOIRO DE MOTIVACIÓN PARA O EMPRENDEMENTO SOSTIBLE: Datas: 4 de maio Horario: 10:00 a 14:00 h.
  • 2º OBRADOIRO DE MOTIVACIÓN PARA O EMPRENDEMENTO SOSTIBLE: Datas: 8 de xuño Horario: 10:00 a 14:00 h.
  • CAMPUS DE EMPRENDEMENTO SOSTIBLE DE VIABILIDADE EMPRESARIAL CON CANVAS Datas: 19, 20, 21 e 22 de xuño Horario: 10:00 a 14:00 h*

*As accións formativas do campus, terán lugar de luns a mércores e o xoves realizarase a visita ás empresas durante todo o día.

Todas as accións formativas terán lugar no Centro Municipal de Emprego, sito na Rúa Sagrada Familia, nº 56.

A ficha de inscrición poderá presentarse persoalmente no Centro de Emprego, ou a través do email: emprego@ferrol.es

FICHA INSCRICIÓN

Mais información: https://www.ferrol.es/emprego/

 


Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *