Home » BECAS E AXUDAS » Esfuerza Verán 2017 Para Persoas Con Diversidade Funcional

Esfuerza Verán 2017 Para Persoas Con Diversidade Funcional

 

 

ESFUERZA é un programa de Actividade Física Adaptada da Fundación María José Jove dirixido a persoas con diversidade funcional. É de carácter gratuíto e oferta 312 prazas. Desenvolverase ao longo do período estival.

Obxectivos:
1. Facilitar a integración e inclusión social das persoas con diversidade funcional.
2. Incrementar a participación das persoas con diversidade funcional nas actividades da súa comunidade.
3. Xerar hábitos saudables en colectivos potencialmente sedentarios.
4. Ofrecer a posibilidade da práctica continuada de actividade física.
5. Mellorar a autoestima persoal e calidade de vida a través da Actividade Física.
6. Favorecer o desenvolvemento da autonomía funcional.
7. Desenvolver habilidades de comunicación e relacionadas co traballo en grupo.

Quen pode participar?
Todas as actividades: adultos, mocidade e nenos a partir de 8 anos cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%

Mais información


Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *