Home » CARTA DE PRESENTACIÓN

CARTA DE PRESENTACIÓN

 

Cando un curriculum vitae se manda a unha empresa, debe ir acompañado dunha carta de presentación. É fundamental para captar a atención do entrevistador. Sempre debe reflectir o noso interese pola empresa e especialmente por concretar unha entrevista de traballo.

 

 

 QUE É?

        Non é outro curriculum senón un complemento deste

   É a tarxeta de presentación ante a persoa á que enviamos o noso CV

Os seus obxetivos son:

·         Espertar o interese de quen vai ler o CV

   Expoñer brevemente a túa capacidade profesional e        persoal para ocupar ese posto de emprego

·         Diferenciarte doutros candidatos

·         Demostrar o teu interese por ese posto de traballo

 

 

QUE TIPOS DE CARTA HAI?

Carta de resposta a un anuncio de emprego concreto.

 

 

 

Carta de presentación espóntanea ou autocandidatura

Ø Acompaña un curriculum que se envía para responder a un anuncio de emprego concreto. Debe aludir necesariamente ao anuncio en cuestión, sinalando a súa referencia.

 

 

Ø Acompaña un curriculum que se envía a unha empresa de xeito espontáneo para ser tido en conta en futuras seleccións.

Debe constar que é o que motiva dirixirse a ela e que se lle pode aportar.

 

CONSELLOS PARA A SÚA REDACCIÓN

– Visitar a páxina web da empresa a que te dirixes. Fíxate nos valores manifestados pola empresa

– Redactar en soporte informático

-Cuidar a ortografía, evitando fatas de puntuación u ortográficas para evitar dar unha imaxe descuidadaou inadecuada.

-Axustarse a unha folla; texto claro e conciso evitando as repeticións innecesarias.

-Escribe en primeira persoa e en positivo

-Personaliza a carta segundo o tipo de empresa e o posto de traballo

-Evitar un ton moi efusivo, coloquial ou arrogante

-Gardar unha copia

APARTADOS E ESTRUCTURA DA CARTA DE PRESENTACIÓN

 

  • Encabezamento: Datos da empresa. Datos do candidato. Lugar e data. Un saúdo de cortesia (“Moi Sr. Meu”) e non esquezas indicar a referencia do posto ao que optas.

 

  • Primeiro parágrafo: Introduce o obxectivo da carta e acompáñao con algo que poida captar a súa atención. Se se trata da resposta a un anuncio de emprego, indicar a referencia ou o posto ao que se opta e mencionar a fonte pola que se obtivo a información da oferta de traballo.

 

Exemplo:

Póñome en contacto con vostede para facerlle chegar o meu curriculum vitae por se necesita cubrir, agora ou no futuro, un posto no departamento de administración da súa empresa.

 

  • SEGUNDO PARÁGRAFO: Preséntate como alguén idóneo para o posto de traballo. Podes facer un resume dos puntos clave do curriculum que se adapten á oferta. Se se presenta a candidatura de forma espontánea, resaltar o forte interese polo sector, a actividade ou a empresa á que se dirixe e o motivo polo cal interesa traballar nela. Convén demostrar que se coñece a empresa, poñendo énfase na afinidade que existe entre as túas capacidades e o tipo de profesional requirido.

Exemplos:

No seu anuncio fan fincapé nos coñecementos de Java. Como poderán ver no meu curriculum vitae, realicei un curso de programación nesta linguaxe e durante a fase de prácticas en empresa utilicei os coñecementos adquiridos no mesmo.

 

  • TERCEIRO PARAGRÁFO; Insiste no teu interese pola oferta e menciona a túa dispoñibilidade para participar na selección e concertar unha entrevista

    Exemplo:

Por todo iso, agradaríame manter unha entrevista con vostede á súa mellor conveniencia e poderlle ampliar persoalmente a información que lle remito. Para iso poderá localizarme no número de teléfono 678 123 456 ou por correo electrónico mariagomez@mail.com.

Polas razóns citadas, desexaría que tomasen en conta esta solicitude para participar nas probas de selección no posto de Secretaria. A forma máis fácil de contactar comigo é por teléfono móbil (678 123 456).

 

  • FINAL: Despídete de forma cortés. É necesario facer constar a poboación desde onde se escribe, o día, o mes (en letras) e o Rematamos con firma manuscrita facendo constar debaixo, o nome e apelidos do candidato.

– Na confianza de recibir a súa pronta resposta, envíolle un cordial saúdo.

– Sen outro particular, reciba un cordial saúdo.