Home » O CURRICULUM.Consellos

O CURRICULUM.Consellos

QUE É?

O curriculum é un documento que contén a información persoal e profesional  dunha persoa candidata, onde destaca todo aquelo positivo e valioso da súa experiencia. O obxectivo do curriculum é obter una entrevista persoal

Un bo currículo, acompañado dunha carta de presentación , é una ferramenta imprescindible para presentar a vosa candidatura a un posto de traballo nunha empresa( auto candidatura) ou a un anuncio dunha oferta de emprego.

 

 

 

 

       

 

Que datos terá  o meu curriculum

ESTRUCTURA DO CURRICULUM VITAE

 
ENCABEZADO  
DATOS PERSOAIS Nome e Apelidos

Dirección: Rúa, número, piso, cidade e código postal.

Teléfono: Preferiblemente dous, o particular e outro de contacto. Algúns consultores prefiren chamar ao teléfono profesional. En calquera caso especificar, claramente, cal é cal.

Permiso de conducir e tipo

Enderezo de correo electrónico (e-mail)

ESTUDOS REALIZADOS OU FORMACIÓN ACADÉMICA Indica as titulacións oficiais que posúes. Debe conter as datas nas que se realizaron os estudos, a titulación obtida e o centro no que se cursou.

Debes especificar as especialidades de Formación Profesional cursadas. Este apartado é moi importante para as persoas que buscan o seu primeiro traballo; neste caso se a media das notas obtida é relevante é necesario facelo constar.

OUTROS ESTUDOS OU  FORMACIÓN COMPLEMENTARIA Reflectir aqueles cursos que teñan unha especial relevancia con respecto ao posto de traballo polo que se interesa o candidato, ou ben que teñan un prestixio recoñecido, ou que sexan de longa duración. Non esquecer indicar as horas de duración: 100h …

Tamén se pode engadir participación en seminarios ou xornadas, sempre e cando teñan unha relación moi directa co posto solicitado.

CONSELLO: Non inundar o currículum de cursos breves e pouco recentes.

EXPERIENCIA PROFESIONAL Indica as experiencias de tipo profesional; prácticas en empresas realizadas durantes os estudos, traballos académicos que supuxeron un acercamento á empresa, traballos de voluntariado relacionados cos estudos realizados…

 

No caso de ter traballado:

·         Empresas e sectores nos que se traballou anteriormente

·         Tarefas e responsabilidades desempeñadas

·         Periodo de tempo no que se traballou en cada unha delas

IDIOMAS O que importa son os idiomas que se coñecen e en que grado se dominan, baixo, medio, ou alto. Con respecto ao grado de dominio, ser realista.Realización de prácticas ou becas no estranxeiro
INFORMÁTICA Indica os programas, aplicacións( procesadores de texto, folla de cálculo, bases de datos, manexo de internet, programas específico….) que coñeces, o nivel destes coñecementos e cursos realizados
OUTROS DATOS DE INTERESE Este apartado é opcional. Nel pódense incluír datos interesantes a destacar, pero dificilmente encadrables nos apartados anteriores, tales como: Mobilidade xeográfica e laboral Carné de conducir, carnés especiais (manipulador de alimentos…) Disposición de incorporación inmediata…

Publicacións, premios, pertenza a determinadas asociacións…