Home » ORIÉNTATE

ORIÉNTATE

Encontrar traballo depende de diversos factores, algúns externos a nos, que non podemos controlar, como a situación do mercado laboral ou  as políticas de emprego . Pero existen outros moitos, factores internos, que si dependen de nos, e que podemos controlar; son os relacionados coa definición do noso perfil profesional, competencias, destrezas, actitudes ou motivacións na busca de emprego, estratexias utilizadas, etc. Temos que optimizar todos estes factores para que a busca sexa frutífera, facendo un primeiro esforzo para recoñecer as nosas posibilidades  e trazar un itinerario profesional a seguir.

Deberás ter en conta: Pincha encadaunha delas para saber mais.

 

 1- Debes coñecerte e establecer cales son os teus intereses, experiencia,formación, competencias e habilidades

2Debes coñecer o teu entorno laboral .

3- Debes identificar as posibles dificultades tanto a nivel interno como externo a través dunha análise DAFO

Xa estamos en condicións de definir  o noso proxecto profesional

Unha vez analizado o teu propio perfil persoal e profesional, así como, os requirimentos do mercado de traballo, “grosso modo”, debes dar un novo paso: planificar o teu proxecto profesional

Se a túa decisión é

CV

 buscar emprego por conta allea deberás facer unha busca activa e visitar o apartado Prepárate para a busca de traballo.

EMPRENDE

                   Se a túa decisión é buscar emprego creando unha empresa visita o apartado Crea a túa empresa

Ten en conta:

  • Organiza a túa busca de emprego. Márcate uns pasos a seguir
  • Solicita axuda. Acude ao SEPE, ao Centro de Emprego, servizos de Información e orientación laboral
  • Leva un rexistro de tódolos curriculums que enviaches, e das ofertas ás que contestas
  • Utiliza un método e sen constante.