5 socorristas para o Concello de Sada

INSCRIPCIÓNS

ATA O  27/04/2017

O Concello de Sada convoca proceso selectivo para a contratación laboral temporal de cinco socorristas acuáticos para a Unidade de Salvamento e Socorrismo Acuático. Sistema de selección por concurso-oposición.

PÁXINA WEB:

www.concellodesada.com

Publicación: BOP 17/04/2017

Intercambios xuvenís en albergues internacionais

 

A quen vai dirixido?

A mozos e mozas de 18 a 30 anos de calquera Comunidade Autónoma, que reúnan as seguintes características:

• Ter ganas de vivir unha experiencia internacional que mellorará o seu Cv.
• Posuír o carné de alberguista en vigor durante o desenvolvemento do programa.
• Ter un coñecemento fluído do idioma principal do país de destino (ou na súa falta INGLÉS, nivel mínimo esixido B1).

Mais información: http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=ppr&idc=253

 

Probas de acceso a ciclos superiores. Convocatoria 2017

Datas de exame : 20 de abril

Listaxes da convocatoria 2017

Na seguinte ligazón poderá consultar as listaxes provisionais e definitivas de admisión, exencións, cualificacións, sedes e lugares de realización das probas de acceso para a convocatoria 2017.

As listaxes iránse actualizando segundo as datas establecidas na Orde pola que se convocan de modo ordinario probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o ano 2017.

Acceso ás listaxes de solicitudes de inscrición e de exencións.

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2016-2017

As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesiona.

Prazo de solicitude de admisión

Unicamente poderá presentar a solicitude de admisión quen cumpra os requisitos de acceso no período da inscrición.
O prazo de presentación de solicitudes de admisión é o seguinte (período ordinario): do 17 ao 28 de abril de 2017 ata as 13:00 h.

Requisitos das persoas solicitantes

Lugar de presentación de solicitudes

Información, oferta e impresos do proceso de probas libres curso 2016-2017

  

Relación individualizada dos impresos do proceso de admisión

Mais información: http://www.edu.xunta.es/fp/probas-libres-convocatoria-actual

 

 

 

Cartafol dixital con información de acceso á universidade

 

Accede ao cartafol

 

O centro de Información xuvenil da Coruña edita este  cartafol dixital con información de

  • Titulacións Universitarias en Galicia
  • Notas de corte
  • Información da Proba ABAU e  calendario
  • Parámetros de ponderación
  • Acceso á universidade co título de Técnico Superior
  • Información Aloxamentos das universidades do SUG
  • Webs das universidades públicas e privadas de todo o estado.
  • Webs de aloxamientos das universidades do resto do estado.
  • Centros de FP na A Coruña.
  • Ciclos formativos de Artes Plásticas e Deseño.
  • Estudios Superiores de Deseño
  • Webs de Becas e Axudas

Programa Intensivo De Inmersión Lingüística En Inglés

 

O Ministerio de Educación convoca 2.400 bolsas para a estanza e participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España dunha semana de duración cada unha delas, en réxime de internado e pensión completa, durante o mes de xullo de 2017.

Requisitos:
a) Ter nacido entre o 1 de xaneiro de 1997 e o 31 de decembro de 2000 e estar matriculado no curso 2016-2017 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos:
Bacharelato
Ensinanzas profesionais de música e danza
Grao medio de Formación Profesional
Grao medio de artes plásticas e deseño
Grao medio de ensinanzas deportivas
Ensinanzas de idiomas de nivel intermedio ou avanzado
b) Ter obtido no curso 2016-2017 a condición de bolseiro do Ministerio de Educación
c) Ter totalmente aprobado o curso inmediato anterior, cunha nota final mínima de 7,50 puntos na asignatura de inglés.

A solicitude deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por internet a través da sede electrónica do Ministerio de Educación na dirección https://sede.educacion.gob.es no apartado correspondente a Trámites e servizos.

O prazo para a presentación de solicitudes está aberto ata o 20 de abril de 2017.
Máis información no BOE do 16 de marzo de 2017 e en http://educacion.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/idiomas.html

Taller identificación oportunidades para emprendedores

EVENTOQuen organiza: COFER

Dirixido: Especialmente dirixido aos sectores de turismo e cultura nas comarcas de Ferroltera, Eume e Ortegal.

Cando: 16 de marzo de 2017 ás 20,00 horas

Taller gratuido

Onde: 

Centro de Negocios e Incubadora de Empresas

Cantón de Molíns, 8-9. Entlo.

15403 Ferrol

 Temática: COFER realizou unha detallada análise de oportunidades de negocio para os sectores de turismo e cultura nas comarcas de Ferroltera, Eume e Ortegal, co fin de impulsar a creación de novas empresas e mellorar a competitividade das existentes.

Mais información: 

Ligazon Facebook

Premios extraordinarios de Formación Profesional Grao Superior en Galicia

 

A Consellería de Educación convoca premios extraordinarios de formación profesional para o alumnado que realizou estudos de formación profesional de grao superior no curso 2015/16

Requisitos:

1. Ter cursados estudos de formación profesional de grao superior no curso 2015/16 nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e telos rematados no ano 2016.

2. Ter obtido unha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50.

A dotación para os premios será de 850 € por premio.

O prazo para optar aos premios estará aberto ata o 27 de marzo de 2017.
A inscrición pode facerse en https://sede.xunta.es co procedemento ED311B
Máis información no DOG do 28 de febreiro de 2017 e en http://www.edu.xunta.es/premiosfp

Probas para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

probas

  • O prazo de presentación das solicitudes será entre o 24 de febreiro e o 10 de marzo de 2017.
  • A proba terá lugar o día 21 de abril de 2017, en sesións de mañá e tarde, no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

    Máis información

Xornada sobre Europa no CIFP Rodolfo Ucha

Captura europa