Home » TELÉFONO E INTERNET

TELÉFONO E INTERNET

 

O teléfono como ferramenta na busca de emprego

O teléfono  é unha ferramenta moi útil para obter información de empresas e contactos persoais, poder concertar entrevistas, realizar o seguimento dunha carta ou curriculum e para buscar información de ofertas

Ten en conta os seguintes consellos:

  • Antes de facer a chamada, prepara o que vas dicir ( notas)
  • Preséntate e pregunta con quen falas
  • Se positivo ( non estás pedindo ningún favor)
  • Fala mais alto e despacio que de costume
  • Se cortés pero breve
  • Non chames a horas punta
  • Expón de forma clara e breve o motivo da túa chamada

Internet na busca de emprego

Consellos para buscar emprego en Internet

Para aproveitar ao máximo a Internet é recomendable seguer unha serie de pasos:

  1. Realizar unha autoevaluación para definir os obxectivos profesionais, as habilidades e as aptitudes.
  2. Buscar información sobre os portais e averiguar cales teñen máis ofertas do perfil profesional que interesa. Comparar resulta máis efectivo que introducir o currículum en todas as webs de emprego.
  3. Buscar información sobre as empresas do sector e averiguar se teñen procesos de selección de persoal ou ofertas laborais na súa páxina web.
  4. A meirande parte das páxinas de emprego por Internet requiren subscribirse gratuitamente e introducir o currículum, é importante seguer as indicacións e completar todos os campos requeridos. Canta máis información relevante se aporte, mellor.
  5. Moitas páxinas web permiten comprobar a qué ofertas se enviou o currículum e se todavía se manten aberto o proceso de selección pero, se non se puidera acceder a un rexistro similar é importante anotar de forma rigurosa a que empresa xa se enviou o currículum o tipo de oferta, a data e a resposta obtida.