Home » VALIDACIÓNS » Cuestións xerais

Cuestións xerais

  • Requisitos e prazos para solicitar validacións

    A persoa solicitante deberá estar matriculada nun centro docente autorizado e presentar a solicitude de validación perante a dirección do centro educativo dentro dos primeiros 20 días de inicio das clases.

    Cualificación dos módulos validados

Os módulos profesionais validados cualificaranse cun 5, para os efectos da obtención   da nota media

      Procedemento de solicitude de validacións

          O procedemento de validacións de módulos profesionais de ciclos formativos de formación profesional aterase ao disposto no           artigo 41 da Orde do 12 de xullo de 2011.

          A resolución favorable ou desfavorable do recoñecemento das validacións recollidas nos puntos anteriores corresponde á                 dirección do centro docente público onde conste o expediente académico do alumno ou a alumna.

            Formularios de solicitude de validación de módulos profesionais competencia da dirección do centro educativo

Formulario de solicitude de validación (Anexo XIV)

          Solicitude de validación de módulos profesionais competencia do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte
               Os módulos profesionais que non estean incluídos nos puntos anteriores poderán ser obxecto de validación, de ser o caso,         pola Subdirección Xeral de Orientación e Formación Profesional do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. O centro                     tramitará a solicitude de validación e a documentación achegada polo alumnado, logo da súa revisión e verificación, utilizando a        sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte sede.educacion.gob.es

      Deberás ter en conta

  • Os estudos que teñan concedida a equivalencia específica (titulacións declaradas equivalentes nos Reais decretos dos títulos de formación profesional) ou xenérica (formación externa ao sistema educativo que sexa declarada equivalente a ensinanzas do sistema educativo mediante normativa do ministerio con competencias en educación), para os efectos académicos e/ou profesionais, con títulos de formación profesional, así como a homologación de títulos estranxeiros, non poderán ser utilizados pola súa vez para a validación  de módulos profesionais.
  • Os módulos profesionais que xa fosen previamente validados non poderán ser achegados como formación para solicitar outra validación de módulos
  • Para os efectos de formalización de matrícula polo réxime ordinario no curso que corresponda, os módulos que son validables pola dirección do centro teranse en conta como superados para determinar o cumprimento dos criterios de promoción
  • No caso do réxime para as persoas adultas, estes módulos non se considerarán para os efectos de compatibilidade e carga horaria a que se fai referencia no artigo 5.1 da Orde do 12 de xullo de 2011.
  • Así mesmo, no caso da matrícula simultánea de ensinanzas, estes módulos non se considerarán para os efectos de compatibilidade a que se fai referencia no artigo 6.1 da Orde do 12 de xullo de 2011Os módulos profesionais que teñan os mesmos códigos e as mesmas denominacións, capacidades terminais ou resultados de aprendizaxe, contidos e duración, serán considerados idénticos, independentemente do ciclo formativo ao que pertenzan; trasladaranse as cualificacións obtidas nos módulos profesionais superados a calquera dos ciclos nos que os devanditos módulos estean incluídos, e por tanto non se trata dunha validación.
  • Polo anterior, os módulos co mesmo código, pertencentes a diferentes títulos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, que resultasen validables con algún módulo pertencente a algún título establecido ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, poderán ser validables en calquera dos títulos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006