Home » VALIDACIÓNS » Validacións ciclos LOE

Validacións ciclos LOE

1- Validación entre módulos LOXSE-LOE. Os módulos profesionais que correspondan a partir de módulos superados de títulos da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (LOXSE), de acordo co establecido no anexo III da Orde ECD/2159/2014.

Validacións entre módulos profesionais de títulos LOXSE e de títulos LOE (Actualizado o 05/02/2016).Edu.xunta.es/fp

2- Validación entre módulos LOE.Módulos profesionais que posúan similares resultados de aprendizaxe, criterios de avaliación e contidos básicos, con independencia do ciclo no que se inclúa, a partir de módulos superados de títulos da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, que están establecidos no anexo II da Orde ECD/2159/2014.

3- Validación do módulo de FOL

  • De ter aprobado o mesmo módulo en calquera dos ciclos formativos correspondentes aos títulos establecidos ao abeiro da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio.
  • Se acredite ter superado o módulo profesional de Formación e orientación laboral establecido ao abeiro da Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e se acredite a formación establecida para o desempeño das funcións de nivel básico da actividade preventiva, expedida de acordo co disposto no Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento dos servizos de prevención, con indicación expresa dos contidos superados. A data de finalización desta formación debe ser anterior á formalización da matrícula no módulo de Formación e orientación laboral.

  •  Se achegue o título de técnico superior en Prevención de Riscos Profesionais aprobado segundo a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

  •  Se obtivese a acreditación de todas as unidades de competencia incluídas no título, mediante o procedemento establecido no Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral, se acredite, polo menos, un ano de experiencia laboral e se estea en posesión da acreditación da formación establecida para o desempeño das funcións de nivel básico da actividade preventiva, expedida de acordo co disposto no Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento dos servizos de prevención, con indicación expresa dos contidos superados. A data de finalización desta formación e da acreditación das unidades de competencia incluídas no título debe ser anterior á formalización da matrícula no módulo de Formación e orientación laboral.

    4– Validación do  módulo de empresa e iniciativa emprendedora

  • de ter aprobado o mesmo módulo en calquera dos ciclos formativos correspondentes aos títulos establecidos ao abeiro da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio.
  • De ter o ciclo medio de  xestión admnistrativa ou ciclo superior de admnistración e finanzas
  • Aportando módulos profesionais de diferentes títulos regulados pola lei orgánica 1/1990. Anexo III  Orde ECD/2159/2014

 

5- Validacións de módulos profesionais de Inglés ou Lingua estranxeira de títulos LOE e LOXSE

Os módulos profesionais de Inglés ou Lingua estranxeira, sempre que se trate da mesma lingua, serán obxecto de validación con módulos profesionais, certificados e titulacións universitarias oficiais, de nivel avanzado B2 ou superior, segundo o establecido nos anexos da Orde ECD/2159/2014.

6- Validación de módulos profesionais que se establecen na norma pola que se regula cada título, por ter acreditada algunha unidade de competencia que forme parte do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais obtida exclusivamente mediante o procedemento de avaliación e acreditación das competencias profesionais establecido no Real decreto 1224/2009 ou mediante certificados de profesionalidades elaborados a partir do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.