Home » VALIDACIÓNS » Validacións na FP Básica

Validacións na FP Básica

Aplicarase a normativa vixente en materia de validación e exención de módulos profesionais incluídos nos títulos profesionais básicos nas condicións e mediante os procedementos establecidos con carácter xeral para as ensinanzas de formación profesional do sistema educativo de Galicia.

 Quen superara os módulos de Comunicación e sociedade I e II, e Ciencias aplicadas I e II en calquera dos ciclos formativos de formación profesional básica correspondentes aos títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, terá validados os devanditos módulos en calquera outro ciclo formativo de formación profesional básica.

 Os alumnos e as alumnas que cursaran un programa de cualificación profesional inicial e superaran os módulos formativos obrigatorios do ámbito de comunicación e do ámbito social que, ademais, superaran un módulo de Lingua estranxeira, ben establecido pola consellería con competencias en materia de educación ou ben de oferta dos centros docentes, no ámbito das súas competencias, poderán obter a validación do módulo profesional de Comunicación e sociedade I.

Así mesmo, quen superara os módulos formativos obrigatorios do ámbito científico-tecnolóxico poderá obter a validación do módulo profesional de Ciencias aplicadas I.

O alumnado  poderá obter, ademais, as seguintes validacións:

     a)  Quen teña superadas as materias do cuarto curso da educación secundaria obrigatoria en calquera das súas modalidades, incluídas no bloque de Comunicación e ciencias sociais, terá validado os módulos Comunicación e sociedade I e II.

     b) Quen cumpra algún dos seguintes requisitos poderá obter a validación dos módulos profesionais de Ciencias aplicadas I e II:

                b.1) Ter superadas as materias de Matemáticas orientadas ás ensinanzas académicas e Bioloxía e xeoloxía, ou Física e                    química da modalidade de ensinanzas académicas do cuarto curso da educación secundaria obrigatoria.

               b.2) Ter superadas as materias de Matemáticas orientadas as ensinanzas aplicadas e Ciencias aplicadas á actividade                          profesional da modalidade de ensinanza aplicada do cuarto curso da educación secundaria obrigatoria.